aforador -ra

aforador -ra

(< aforar)

  1. adx

    Que afora ou serve para aforar.

  2. s

    Persoa que dá ou recibe un foro.

    Ex: No século XVIII os principais aforadores eran os nobres.

  3. s

    Persoa que bebe moito viño.

  4. s m [METROL]

    Instrumento para medir o volume dun líquido dentro dun recipiente ou ben a capacidade deste. Para o viño e o alcol tradicionalmente usouse un listón con liñas graduadas para recipientes dun mesmo tipo.

    Ex: Co aforador soubemos que podía conter vinte litros.

  5. s m [METROL]

    Instrumento para medir o caudal dun fluído que pasa por unha canalización. Os máis usuais son os de molinete.

Palabras veciñas

Afonso, Jorge | Afons’ Eanes do Coton | Afontova | aforador -ra | aforamento | aforar | aforas