aftoso -sa
aftoso -sa
-
adx
[PAT]
Relativo ou pertencente ás aftas, causado polas aftas ou caracterizado pola presencia das aftas.
Ex: Este medicamento produce reaccións aftosas.
-
febre aftosa
[VETER]
Doenza contaxiosa e epidémica que ataca a certos animais que, incidentalmente, tamén pode contraer o home, caracterizada por producir erupcións na mucosa bucal e nas inguas. Tamén se coñece co nome de glosopeda.