ágata

ágata

(

s f [XEOL]

ariedade criptocristalina do cuarzo, do grupo da calcedonia, que se forma nas cavidades amigdaloides. É un mineral moi duro, translúcido e cunha coloración en bandas concéntricas. A decoración determina o seu emprego, unha vez puída, en xoiería e a dureza o seu emprego na fabricación de material de laboratorio (morteiros e balanzas). Unha variedade de ágata é o ónix. O nome de ágata procede do río onde se atopou por primeira vez este mineral. Era moi apreciada polos asirios, exipcios, hebreos, gregos e romanos, que a utilizaron en ornamentos, camafeos, etc.

Ex: Puiden examinar unha ágata en directo no laboratorio do instituto.

Citas

  • Puiden examinar unha ágata en directo no laboratorio do instituto.