Agboville

Agboville

Departamento de Costa do Marfil (3.850 km2; 203.730 h [1988]). Ocupa unha superficie de altitudes inferiores aos 200 m, próxima ao litoral do Golfo de Guinea. Cultivos forestais (madeiras preciosas) e de plantación (cacao, café, plátano). A capital, Agboville (26.914 h [1988]), ao NO da capital do estado, Abidjan, está situada no ferrocarril entre esta cidade e Ouagadougou (Burkina Faso).