agnato -ta

agnato -ta

(< a- + -gnato < gr ἀ ‘sen’ + γνάϴος ‘mandíbula’)

  1. adx

    Que carece de mandíbulas.

  2. adx [PALEONT]

    Nome que designa as especies de homínidos que carecen de mandíbulas prominentes, polo que presentan unha faciana caracterizada pola verticalidade.

  3. s m [ANIMAL]

    ertebrado que pertence á superclase dos agnatos.

  4. s m pl [ANIMAL]

    Superclase de vertebrados acuáticos dos filocordados que non presentan mandíbulas. De aspecto semellante aos peixes presentan un esqueleto cartilaxinoso e unha boca zugadora con dentes duros. A este grupo pertencen os vertebrados fósiles máis antigos, procedentes dos estratos Silúrico e Devónico. Forman parte desta superclase os ostracodermos fósiles e os ciclóstomos, como a lamprea.