agnomen*
agnomen*
(
-
s
m
Nome adicional ou epíteto.
-
s
m
[ONOM]
Sobrenome romano individual que se podía agregar ao convencional sistema dos tria nomina (praenomen, nomen, cognome). Nun principio, engadíase simplemente ao prenome (praenomen) e ao nome xentilicio. Posteriormente, coa subdivisión das gentes en estirpes, o agnomen primitivo converteuse en hereditario, pasando a se converter en apelido ou nome de familia (cognome). Tiña a súa orixe nunha característica particular, eiva ou ocupación predilecta do individuo ao que se lle aplicaba. Así, por exemplo, Decimus Iunius Brutus Gallaicus, famoso por levar a cabo a primeira campaña contra os gallaeci.