agón
agón
(
[ESPECT/LIT]
Agón encarnaba nun comezo o espírito competitivo dos xogos atléticos e artísticos da Grecia clásica. Posteriormente pasou a designar o teatro clásico representado polas comedias áticas de Aristófanes. Tamén se utiliza para definir a dialéctica xurdida entre personaxes enfrontados como xerme da acción. É unha das catro categorías marcadas por Roger Caillois (1958) para os xogos e que fai referencia á rivalidade implícita entre os competidores dentro dos límites marcados polo propio xogo.