agravante

agravante

(

  1. adx

    Que agrava.

    Ex: As probas presentadas ante o xuíz son agravantes para a súa condena.

    Antónimos: atenuante.
  2. s f [DER]

    Circunstancia que aumenta a gravidade dunha cousa, especialmente dun delito ( circunstancia agravante).

    Ex: O abuso de confianza é unha agravante a ter en conta polo xuíz. A súa impertinencia foi outra agravante para a súa expulsión do internado.

    Antónimos: atenuante.

Palabras veciñas

Agrasar Vidal, Camilo | agravación | agravamento | agravante | agravar | agraviante | agraviar