agronometría

agronometría

(< agrono- + -metría < gr ἀγρος ‘campo’ + μέτρον ‘medida’ + -ία ‘calidade’)

s f [AGR]

Rama da agronomía que ten por obxecto a medida da capacidade produtiva das terras de cultivo, a determinación da diminución de fertilidade que orixina cada colleita e o aumento producido pola restitución ao solo de elementos nutritivos por medio dos fertilizantes.

Palabras veciñas

Agrón | Agrón | agrónimo | agronometría | agronomía | agronómico -ca | agrónomo -ma