agudo -da

agudo -da

(< lat acūtu)

  1. adx

    Que acaba en punta delgada.

    Ex: Este coitelo ten unha punta tan aguda que dá medo.

  2. adx

    Que produce unha sensación moi viva, penetrante.

    Ex: Unha dor aguda impídeme respirar con comodidade.

  3. adx
    1. Que resulta moi sutil no seu tratamento da xente ou das cousas.

      Ex: Sendo tan neno ten unha intelixencia aguda que deixa a todo o mundo abraiado.

      Sinónimos: perspicaz, sutil.
    2. Persoa que ten ditos agudos, graciosos, oportunos.

      Ex: É un rapaz moi agudo, contestoulle con moita gracia.

  4. adx [BOT]

    Dise dunha folla cando os seus bordos forman un ángulo agudo no ápice.

  5. adx [BOT]

    Órgano macizo acabado en punta.

  6. adx e s m
    1. [FÍS/LING]

      Referido ao timbre acústico, dise do fonema no que o seu segundo formante se manifesta cunha frecuencia elevada, superior, normalmente, aos 1.400 ciclos por segundo.

    2. [LING]

      Na terminoloxía de R. Jakobson, dise do fonema consonántico articulatoriamente constituído por dúas cavidades de resonancia bucal (/t/-/d/).

    3. [LING]

      Referido á altura musical, dise do fonema que foi pronunciado cunha frecuencia alta de vibracións vocais.

  7. adx e s m [MÚS]

    Son alto, dun número de vibracións por segundo maior ca os dos graves ou baixos. Dise especialmente dos sons comprendidos entre o sol 4 e o fa 5 .

  8. ángulo agudo [MAT]

    Ángulo menor ca o recto, é dicir, que mide menos de 90°.

  9. enfermidade aguda [PAT]

    Enfermidade que, fronte á enfermidade crónica, ten un curso relativamente rápido.

  10. palabra aguda [LING]

    Palabra na que, a diferenza das graves e esdrúxulas, a sílaba tónica é a última.

  11. verso agudo [LIT]

    Verso que acaba nunha palabra aguda.

Frases feitas

  • Agudo coma o pé do muíño. Expresión irónica coa que facemos referencia a alguén que é parvo.

  • Ser agudo coma o pé do muíño. Persoa que é lenta no entendemento e no traballo.

  • Ser agudo coma un allo. Ser unha persoa lista e enxeñosa.

  • Ser agudo coma un pispinete. Ser unha persoa moi espelida.

Palabras veciñas

Agudo | Agudo | Agudo | agudo -da | Águeda | Águeda | Agueira