Aguilar de Anguita

Aguilar de Anguita

Necrópole celtibérica (ss V-III a C) situada na provincia de Guadalajara. Está composta dunhas 5.000 tumbas de incineración, a maioría en furnas, aliñadas en tres longas rúas e sinaladas por estelas de pedra. Entre os ricos enxovais metálicos achados cómpre salientar a espada de antenas con terminais esféricos máis antiga das coñecidas, peza a partir da cal se estableceu o tipo Aguilar de Anguita.