Ahrensburguense

Ahrensburguense

Tecnocomplexo epipaleolítico que se desenvolve no Dryas III e comenzos do Holoceno nas chairas costeiras do mar do Norte e Báltico. Deriva do Hamburguense, acusando unha forte tendencia á microlitización dos seus útiles, sendo o máis característico a punta de Ahrensburg. Interprétase como unha variante estacional (invernal) dos cazadores de renos.

Palabras veciñas

Ahrām, Al- | Ahrens, Heinrich | Ahrensburg, punta de | Ahrensburguense | Ahrimān | Ahuachapán | Ahuitzotl