Ai Bunar

Ai Bunar

Mina de calcopirita, situada en Stara Zagora (Bulgaria), explotada de xeito extensivo dende o Neolítico final e ao longo do Calcolítico. Atopáronse picos e instrumental de minería en hasta de cervo cos que se cavaban os pozos mineiros en busca do cobre, cerámica e algúns enterramentos. Ao ser unha actividade mineira temperá, relaciónase co precoz foco metalúrxico dos Balcáns.