aimará
-
adx
Relativo ou pertencente aos aimarás ou á súa lingua.
-
s
Individuo do grupo étnico aimará.
-
s
[ETN]
Grupo étnico que habita unha gran parte da cunca do lago Titicaca, entre Bolivia e o Perú. A poboación total aimará é aproximadamente dunhas 600.000 persoas, a maioría dos habitantes do territorio boliviano. Durante a dominación española a zona foi incluída no Vicerreinado do Perú (1542). Naquel período, os aimarás foron intensivamente aculturados, sobre todo na súa cultura material e na súa organización relixiosa. Actualmente están integrados nas culturas nacionais boliviana e peruana. Dedícanse fundamentalmente á agricultura, á pesca e á caza.
-
s
m
[LING]
Familia de linguas indíxenas de América do Sur, destacada dentro dunha das pólas do amerindio, a andino-ecuatorial, que hoxe fala menos dun millón de falantes distribuídos no territorio de Bolivia, departamentos de La Paz e de Oruro, e nalgunhas zonas do Perú, departamentos de Uno e de Lima. Dos tempos da conquista ata hoxe, esta familia de linguas retrocedeu moito, non só fronte ao castelán senón tamén fronte ao quetchua.