alamano -na

alamano -na

(< Alamania)

s

Antigo pobo guerreiro integrado por tribos xermánicas. Expulsados da zona de Brandenburgo no 178 por gots (godos) e eslavos, establecéronse na rexión do Main e á dereita do Rin. Foron vencidos en Argentoratum (Estrasburgo) por Xuliano (357) e por Valentiniano (453), que lles impediron establecerse en Alsacia. Clodoveo, Rei dos francos, derrotounos (496) apoderándose dos seus territorios. Pasaron a depender dos francos, feito reafirmado con Carlomagno e baixo Luís o Xermánico co Tratado de Verdún (843). Fundaron colonias en ambas beiras do Rin (actualmente Suabia, Suíza e Alsacia), núcleo da Alamania. Chegaron mesmo a penetrar no N de Italia. Moitos topónimos deben os seus nome ao seu paso e asentamento entre os ss III e X.

Palabras veciñas

Alamania, ducado de | alamánico -ca | Alamanni, Luigi | alamano -na | alamar | alambicar | alambique