Álamo, Sitio do
Álamo, Sitio do
[HIST/BÉL]
Acción militar que tivo lugar dende o 23 de febreiro ao 6 de marzo do 1836, durante a Guerra da Secesión de Texas, no forte do Álamo, na ribeira oriental do río San Antonio (Texas). Un reducido grupo de texanos (188 homes), mandado polo Coronel W. B. Travis, fixo fronte ás tropas mexicanas ata que foi aniquilado.