alantoide

alantoide

(< gr ἀλλαντοειδήΟ < ἀλλᾶΟ, ἀυτοΟ ‘salchichón, embutido’ + εῐδοΟ ‘forma’)

s m [ZOOL]

Estrutura en forma de saco que crece na parte ventral da farinxe primitiva nos embrións dos vertebrados amniotos, e que é o resultado do desenvolvemento precoz da vexiga urinaria. Presenta unha rede moi rica en capilares sanguíneos, que están en comunicación co sistema circulatorio do embrión. Estes capilares permiten a respiración e a excreción do embrión e, nos mamíferos, a nutrición.

Palabras veciñas

alano -na | alantocorion | alantoico -ca | alantoide | alantoína | alantúrico, ácido | Alaotra