alauita

alauita
  1. s m

    Nome dado polos franceses aos nusairitas, habitantes de Siria, cando o país foi ocupado por Francia (1924). Durante o período do mandato francés, constituíao un territorio autónomo.

  2. s m

    Membro da dinastía de xerifes marroquís de Tafilelt, fundada por Mawlāy al-Rašid (1660-1672). No 1664 implantouse no Rif e rematou a ocupación do Marrocos (1668-1670) coa conquista de Marraquex. A dinastía, consolidada no 1912 co establecemento do protectorado francés e español (1912) e no 1956 coa independencia de Marrocos, perdura ata a actualidade na persoa do Rei Hassán II.

Palabras veciñas

Alauda | alaudar | aláudido -da | alauita | Alaung-Sithou | Alaungpaya | Álava