alazón
alazón
(< gr ἀλαζών ‘fachendoso, vaidoso’)
s
m
[LIT]
Falso sabio vaidoso, característico da antiga comedia grega que destaca pola súa fachenda. Xunto coa figura do falso parvo, caracterizado pola súa astucia, forma parte dun xogo dialéctico que dará orixe á ironía.
Ex: Nesa obra clásica, eu representei o papel de alazón.
Citas
- Nesa obra clásica, eu representei o papel de alazón.