Albadabranca
Albadabranca
[PUBLIC]
Revista en galego editada na Coruña polo colectivo ecoloxista Adega en 1986 e subtitulada “Follas de Adega. Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza”. Colaboraron, entre outros: Ramón Vilalta López, Ramón Varela Díaz, Carlos Vales Vázquez e Alberte Santos. Contén fotografía de Chus García, Carlos Silvar, Moncho Rama e Xurxo Lobato. Incluía tamén ilustracións. Trátanse temas ecolóxicos de Galicia e cuestións antimilitaristas.