albedo
albedo
(< lat albēdo‘brancura’)
-
s
m
[ASTRON]
Poder de reflexión dos corpos celestes sen luz propia. Exprésase normalmente polo cociente entre a enerxía reflectida polo corpo e a enerxía que incide nel; depende, entón, da constitución da superficie reflectora. A forza albedo da Terra débese principalmente ás nubes. A observación da súa variación, medida por satélite, é de interese climatolóxico.
-
s
m
[FÍS]
-
Coeficiente de reflexión que caracteriza a eficacia dun reflector de neutróns nun reactor nuclear. É a relación entre o número de neutróns reflectidos e o número de neutróns incidentes. O albedo varía coa forma e as dimensións xeométricas do reflector.
-
Reflexión de calquera clase de partículas.
-