Alberte
o Magno ou o Grande, santo (Lauingen, Suabia 1200 - Colonia 1280) Sabio e filósofo alemán. Membro da orde dos dominicos (1223), foi Bispo de Ratisbona (1260). Tivo un papel destacado no Concilio Ecuménico de Lión (1274). Defendeu en París as doutrinas do seu discípulo Tomás de Aquino (1277). Diante da filosofía greco-árabe adoptou ao tempo unha actitude de asimilación e de crítica. O estudo do aristotelismo e a crítica do averroísmo inspiroulle a distinción entre filosofía e teoloxía, que supoñía a delimitación entre razón (válida para as cuestións terreais) e revelación (cuestións teolóxicas). Interesouse pola astronomía e a química, supoñéndoselle o illamento do arsénico (1250). As súas obras máis importantes recompílanse na Summa de creaturis, na Summa theologiae e nos comentarios nas Sentències de Pere Llombard. Doutor da Igrexa, recibe o alcume de Doctor Universalis. É patrón das Facultades de Matemáticas, Física, Química e Bioloxía. A súa festa celébrase o 15 de novembro.