albumosa

albumosa

(

s f [BIOQ]

Polipéptido de peso molecular elevado, produto da hidrólise incompleta de proteínas, como a peptina, que non coagula coa calor, incluso en medio acedo, pero que precipita en solución saturada de sulfato de amonio ou de magnesio. Un tipo especial de albumosa é a denominada proteína de Bence-Jones.