alcaiote -ta

alcaiote -ta

(< ar al-qawwād ‘o intermediario’)

  1. s

    Persoa que incita ou encobre unha relación amorosa, mesmo na casa desa persoa, normalmente considerada non lícita.

    Ex: Vou exercer de alcaiote para que se coñezan os nosos irmáns.

  2. s

    Incitador de relacións sexuais ilícitas das que obtén beneficio.

    Ex: Detiveron o alcaiote que abusaba das prostitutas.

    Sinónimos: proxeneta.
  3. s

    Persoa ou cousa que serve para encubrir o que se pretende agochar.

    Ex: Con esa mentira estás exercendo de alcaiote.

  4. s f [AGR/ALIM]

    Especie de cabaza coa cortiza de cor verde clara e manchas brancas, de polpa branca e fibrosa coa que se elabora o cabelo de anxo.