alcalicelulosa

alcalicelulosa

(<álcali + celulosa)

s f [QUÍM]

Composto de adición da celulosa con hidróxidos dos metais alcalinos e en especial co de sodio. As alcalicelulosas fórmanse impregnando a celulosa con solucións concentradas de sosa caústica, pero son moi inestables e descompóñense por lavado con auga, rexenerando a celulosa. Segundo sexa a concentración da disolución de sosa, as fórmulas das alcalicelulosas poden variar moito. A mercerización a miúdo non é outra cousa que a formación e descomposición ulterior da alcalicelulosa.

Palabras veciñas

alcalescencia | alcalescente | álcali | alcalicelulosa | alcalimetría | alcalimétrico -ca | alcalímetro