alcalose

alcalose

(<álcali + ose)

  1. s f [BOT]

    Afección patolóxica motivada por un exceso de alcalinidade no solo.

  2. [PAT]
    1. s f

      Autointoxicación orgánica con alteración do equilibrio ácido-básico do organismo caracterizada por un predominio dos catións. Cando o pH do sangue é superior a 7,45 fálase dunha alcalose descompensada. Pode deberse a causas respiratorias ou metabólicas.

    2. alcalose metabólica Alcalose caracterizada pola presenza dun exceso de bases ou pola perda de ións hidróxeno. As súas causas son diversas: perda de grandes cantidades de zume gástrico (alcalose hipoclorémica e alcalose hipopotasémica), administración de diuréticos mercuriais ou do tipo da clorotiazida, tratamento con grandes cantidades de bicarbonato e leite, etc.

    3. alcalose respiratoria ou gasosa Alcalose debida fundamentalmente a unha hiperpnea (aumento da frecuencia e intensidade dos movementos respiratorios) calquera que sexa a causa, que conduce a unha eliminación excesiva de anhídrido carbónico con produción de hipocapnia.

Palabras veciñas

alcalinotérreo -a | alcalinuria | alcaloide | alcalose | Alcámenes | Alcámenes | ALCAN