Alcatraz
Alcatraz
Illote da baía de San Francisco (California). Os españois ocupárono no 1769 e chamárono Isla de Alcatraces. No 1851 pasou a ser posesión dos EE UU, que estableceron alí un cárcere fortificado do exército no ano 1868. Dende 1933 converteuse en prisión federal forxando unha lenda de infranqueabilidade e imposibilidade de fuxida que inspirou obras literarias e cinematográficas. A cadea pechouse no 1963 porque o custo de mantemento era elevado de máis.