Alcázar

Alcázar
[HIST/HERÁLD]

Liñaxe de orixe discutida. A hipótese máis difundida é a que a fai descender de Almanzor, fundador do castelo de Ceguer, ao redor do que se formou a cidade marroquí de Alcázar, entre Ceuta e Tánxer, e conquistada por Afonso de Portugal en 1468. Un fillo do príncipe chamado Xacobe Almanzor, seguiu ao Rei de Portugal establecéndose na terrra de Do-Sol e fundou unha nova cidade á que chamou tamén Alcázar. Os seus descendentes espalláronse por Portugal, Galicia e Andalucía. Xa no século XIII, esta estirpe tiña xa ramas principais en Portugal, Galicia, Andalucía, Castela e Murcia. A rama galega e portuguesa leva como armas, en campo de goles, un castelo de ouro, arrimado de dúas chaves de prata.