Alcazar d’Hiver
Alcazar d’Hiver
Café concerto situado no Faubourg Poissonnière de París. Foi un dos primeiros en adoptar a fórmula do music-hall. E a partir de 1867 presentou espectáculos baseados en operetas, ballets, acróbatas, etc. Pechado no 1889, foi convertido en teatro.