alce
alce
(< lat alce)
s
m
[ANIMAL]
Mamífero artiodáctilo ruminante que pertence ao xénero Alces da familia dos cérvidos. É una animal corpulento con patas longas, o dorso un pouco chepudo e cunha crista no pescozo. A cornamenta do macho está formada por dous cornos, en forma de pa, coa parte superior dilatada con 15 ou 20 dentículos. Está ben adaptado a resistir baixas temperaturas. Vive en grandes bosques ou en lugares pantanosos e preto de ríos, en toda a rexión nórdica de Europa, de Asia e de América do Norte.