alcoholato

alcoholato
  1. s m [QUÍM]

    Cada un dos sales de fórmula xeral ROM, obtidos substituíndo por un metal o hidróxeno do hidroxilo dun alcohol. Os alcoholatos (ou alcóxidos) noméanse poñendo o nome do anión seguido polo do metal, e o anión RO - desígnase unindo o sufixo -ato ao nome do alcohol ou do radical R, ou ben engadindo o sufixo -do ao nome do grupo alcoxilo RO - . Así, o composto C 2 H 5 ONa pode chamarse etanolato, etilato ou etóxido de sodio. Os alcoholatos máis coñecidos son os alcalinos, os alcalinotérreos e os de magnesio ou de aluminio. Prepáranse facendo reaccionar o alcohol, ben co metal en medio anhidro, ben cun óxido. Os alcaholatos descompóñense en contacto coa auga, rexenerando o alcohol e por acción da temperatura, con fragmentación da molécula. O seu principal uso é a síntese orgánica.

    Sinónimos: alcóxido.
  2. s m [QUÍM/IND]

    Cada un dos medicamentos ou líquidos aromatizantes constituídos por unha solución alcohólica de substancias volátiles, xeralmente de orixe vexetal. Chámanse simples ou compostos segundo se obteñan dunha ou de varias substancias.

    Sinónimos: alcóxido.