aldeán -á
aldeán -á
-
adx
Relativo ou pertencente á aldea.
Ex: Gustounos moito o ambiente aldeán que existe nesta pequena vila.
-
s
Natural ou habitante dunha aldea.
Ex: Os aldeáns viñeron protestar á cidade pola subida de impostos no rural.
-
adx
Persoa de modais pouco puídos.
Ex: Os seus familiares son un pouco aldeáns á hora do xantar.
Refráns
- Aldeá é a galiña e córnea o señor da vila.
- Aldeá é a galiña, e mais cómena os da vila.
- Amigo de aldea, quen queira telo, que o teña.
- O aldeán darache a proba do seu viño e beberache o teu pipotiño.
- O aldeán por cunca de leite quere catro de aceite.
- O amigo da aldea para ti sexa.