Aldo/Alda
Aldo/Alda
[ONOM]
Antropónimo procedente do longobardo ald ‘adulto, crecido, vello’. Tamén se relaciona co alemán alt e co inglés old, sendo quizais o participio dun verbo alan ‘alimentar, crecer’. Isto tería que ver co latín alere ‘alimentar’, con alumnus ‘alimentando’ e con alma ‘nodriza’. Se o xenitivo de Alda é Aldanis, desta palabra viría o noso topónimo Aldán. A festa celébrase o 18 de novembro. Outra forma feminina é a variante Aldina. Na tradición oral recóllense cantigas como: “A moi garrida Aldina vai o día de san Xoán a frol da iauga catar”.