aldol

aldol
  1. s m [QUÍM]

    Designación xenérica dos β-hidroxialdehidos. Substancias pouco estables, coas propiedades dos aldehidos e dos alcohois. Dimerízanse facilmente e por destilación a presión atmosférica dan aldehidos etilénicos. Obtéñense por condensación aldólica de aldehidos.

    Sinónimos: acetaldol.
  2. s m [QUÍM]

    Líquido viscoso obtido por condensación aldólica do acetaldehido. As súas principais aplicacións son: a síntese de acelerantes de vulcanización e de antioxidantes para o caucho, a flotación de minerais e como disolvente.

    Sinónimos: acetaldol.