aldónico, ácido

aldónico, ácido
[QUÍM]

Designación xenérica de cada un dos ácidos que resultan da oxidación das aldosas polo iodo en medio alcalino. Teñen nomes derivados dos das aldosas orixinarias. Forman facilmente lactonas cíclicas e, en presenza de bases orgánicas febles, epimerízanse no carbono 2.

Palabras veciñas

aldolasa | aldólico -ca | aldolización | aldónico, ácido | aldonza | Aldonza Lorenzo | aldonzada