Alduncín
Alduncín
[HIST/HERÁLD]
Apelido de orixe navarra que pasou a Galicia. Pode presentar a variante Alducín. As armas de dona Ánxela Santamarina de Temes, condesa do val de Oselle e marquesa da Atalaya Bermeja, levaban: en campo de ouro, unha aguia voante de sable, picada de goles e pendente do pico un letreiro de prata coa lenda en letras de sable “Si Deus nobiscum, quis contra nos?”.