alfaneiro

alfaneiro

(< ár al-ḥinnā’)

s m [PLANTA]

Árbores ou arbustos do xénero Ligustrum de follas opostas, flores con catro pétalos soldados na base, formando un tubo, brancas arrecendentes en panículas terminais e froito en baia de cor negra. En Galicia atópanse as especies A. lucidum, A. ovalifolium e A. vulgare, ben de forma cultivada -como árbores ornamentais ou como formadoras de sebes- ben de forma naturalizada.

Variantes