alfinete
(< ár al-khilal)
-
s
m
[TÉXT]
Pequena agulla de metal, con cabeza redondeada -ás veces de cores- en lugar de burato nun dos seus extremos. Emprégase para soster o labor ou o picado na almofada, unir ou pregar dúas pezas de roupa, etc. Préndese nun alfineteiro.
Ex: Coloquei os alfinetes nos baixos do pantalón para coselos.
-
s
m
[TÉXT]
Prendedor metálico que une dúas partes dunha prenda e se usa como adorno.
Ex: A raíña levaba un vestido negro de loito e un alfinete dourado adornándoo.
-
s
m
[ARQUEOL]
Peza de metal, puntiaguda nun extremo e con cabeza no extremo oposto, empregada no mundo prerromano e romano como agulla ou prendedor para o pelo. O proceso técnico empregado na súa elaboración era o da cera perdida. Os alfinetes castrexos e galaicorromanos son, polo xeral, bastante fortes e longos e case que todos os que se coñecen están feitos de bronce. As cabezas ofrecen variadas formas: cilíndricas, cónicas, globulares, en forma de botón ou flor e de traza campanular. Nalgún caso, presentan un notable tamaño e son de complexa ornamentación.
-
s
m pl
[PLANTA]
Herba perenne de ata 80 cm de altura, de follas opostas, ovadas e amplexicaules e de flores vermellas ou brancas dispostas en panícula, coa corola formada por cinco pétalos soldados nun tubo rematado nun alfinete inferior. Aparece en toda Galicia entre rochas, valados e paredes.