alfóndega
(< ár al-funduqa ‘a pousada’)
-
s
f
[HIST]
Hostal que nos países mediterráneos, evolucionou na Idade Media ata constituír un conxunto de edificios ou de construcións onde os comerciantes estranxeiros podían aloxarse, depositar as mercancías, vendelas e realizar transaccións comerciais; adoitaba incluír capela, cemiterio, baños e forno. Nos países musulmáns, onde se atopaban en barrios especiais, tamén acollía os peregrinos; así mesmo, estaba autorizada e era gratuíta a entrada do viño.
Ex: Rexistraron todas as mercadorías na alfóndega antes de poder vendelas.
-
s
f
[ANIMAL/ICT]
Peixe de corpo e fociño alongados que pode acadar 75 cm de lonxitude. Presenta unha mancha azul na cara interna das aletas pectorais, unha crista orbital con varias espiñas e unha liña lateral dentada. É de coloración vermella, azulada no dorso e esbrancuxada na zona ventral. Vive en fondos areosos e de lama dende 20 a 300 m de profundidade, onde se alimenta de peixes, crustáceos e moluscos.
Sinónimos: escacho.