Alfonso, Kiosko

Alfonso, Kiosko

Emblemático edificio coruñés construído por Rafael González Villar no ano 1912 como café e restaurante. Obra vencellada á estética do Art Nouveau, mestura materiais como o cemento armado e a madeira, dotándose dunha decoración en forxa con motivos vexetais. Desde 1929 no Kiosko Afonso celebrábanse exposicións, bailes, festas e sesións de cine, converténdose nun espazo destinado ao ocio. Nos últimos anos foi recuperado polo concello da Coruña que o transformou en sala de exposicións.