alforxa
alforxa
(< ár al-khurj ‘saco’)
-
s
f
Bolsa ou saco dobre de dous compartimentos que, levada ás costas dunha persoa ou ao lombo de certos animais, serve para repartir e soportar a carga.
Ex: Metín toda a comida na alforxa e comecei a camiñar.
Sinónimos: cebadeira, fardel. -
s
f
Reserva que se leva para unha viaxe. Alforxa do pobre, con todo pode.
Frases feitas
-
Facerlle a un a alforxa. Proveer a alguén.
-
Ter a alforxa chea. Ter cartos abondo.