algo
algo
(
-
Forma prefixada de orixe grega que se emprega na composición de palabras co significado de ‘dor’.
-
cuant
Indica unha cantidade indeterminada, amais da existencia ou presenza dun elemento calquera, xeralmente en pequeno número. Pode ser modificado por un adxectivo, por unha oración de relativo ou por un complemento preposicional.
Ex: Dáme algo que poida empregar para limpar a mesa.
Antónimos: nada, nada. -
adv
Un pouco, pero non todo.
Ex: Esta chaqueta do meu irmán vénme algo grande.
Frases feitas
-
Algo é algo. Indica conformidade, no senso de preferir un pouco ca nada. Ex: Non nos deron o primeiro premio, mais algo é algo.