Algol

Algol
Nome científico: [β Persei ou β de Perseo]
[ASTRON]

Estrela dobre, formada por dúas estrelas separadas uns 10 millóns de quilómetros, na constelación de Perseo. Trátase en realidade dun sistema triple, xa que Algol A e Algol B orbitan ao mesmo tempo ao redor dunha terceira estrela. É o prototipo das estrelas binarias eclipsantes de período comprendido entre 2 e 3 días. Algol A é a máis brillante do sistema e produce case toda a luz que se recibe. Algol B xira ao redor de Algol A en 2,87 días. O sistema está a unha distancia media de 90 anos luz.

Palabras veciñas

algoestesia | algofilia | algofobia | Algol | Algol | algolagnía | algólogo -ga