alimentación
(
-
s
f
[ALIM]
Acción e efecto de dar ou recibir alimentos.
Ex: A alimentación dos gatos corre a cargo da miña avoa.
-
[ALIM]
-
s
f
Conxunto de alimentos ou substancias nutritivas. Unha alimentación axeitada debe permitir aos organismos atender debidamente os seus requirimentos enerxéticos e plásticos, e ten que estar de acordo cunha ración alimentaria completa e equilibrada, a cal depende, para un mesmo organismo, das necesidades alimentarias de cada momento concreto da vida. No ser humano esta alimentación racional establécese de acordo coas normas dadas pola dietética. Nun animal a alimentación calcúlase a partir das necesidades propias de cada un dos estadios do seu ciclo de produción. Os principais ingredientes dos pensos son os cereais e os restos de sementes oleaxinosas, como tamén as fariñas de carne e de peixe.
-
alimentación alternativa Denominación xenérica que designa unha serie de hábitos alimentarios fundamentados en diversas correntes ideolóxicas, filosóficas e relixiosas, que se caracterizan polo rexeitamento dalgúns alimentos. Entre as alimentacións alternativas máis estendidas destacan o vexetarianismo e a macrobiótica.
-
s
f
-
s
f
[BÉL]
Operación que consiste en colocar as municións dunha arma, xeralmente automática, utilizando un dispositivo ou cargador.
-
s
f
[TECNOL]
Fornecemento, a un motor de combustión interna, do aire e do combustible necesarios para o seu funcionamento. Nos motores de ciclo Otto (de acendido por chispa) a alimentación pode ser pola simple aspiración mecánica -realizada polos pistóns ao desprazarse ao longo do cilindro-, dunha mestura de aire e combustible previamente dosificado no carburador; ou ben pola inxección do combustible na canle de aspiración ou directamente na cámara de combustión, chea do aire aspirado polos pistóns; ou tamén pola carga forzada do aire dentro do cilindro e posterior inxección do combustible. Nos motores de ciclo diesel a alimentación realízase pola inxección do carburante dentro da cámara de combustión cando o aire, previamente aspirado, estivo comprimido polo pistón.
-
s
f
[TECNOL]
Enerxía ou materia coa que se alimenta un aparello, unha máquina.
-
s
f
[XEOG]
Incremento da masa de xeo nun glaciar ou nun inlandsis. É un fenómeno oposto ao de ablación. A alimentación glacial baséase principalmente no depósito de neve, e tamén noutros procesos: sublimación, conxelación do auga de chuvia ou do desxeo, entre outros. É xeralmente superior nos glaciares locais que nas grandes extensións dos glaciares continentais.
-
s
f
[XEOG]
Fornecemento de auga a un río, a un lago ou a unha capa acuífera.
-
[MED]
-
Alimentación na que se substitúe a vía oral por outras normalmente non utilizadas. Fálase de alimentación enteral cando o alimento se administra directamente ao estómago ou ao intestino mediante unha sonda introducida polo nariz ou a través da parede abdominal ( enterotomía). A alimentación parenteral (ou intravenosa, ou “gota a gota”) consiste na administración do alimento directamente á vea.
-
En pediatría, lactancia artificial con biberón que se realiza normalmente con leites preparados industrialmente.
-
-
[TECNOL]
alimentación ininterrompida
-
[MAR]
circuíto de alimentación
-
[FÍS]
fonte de alimentación
-
[TECNOL]
sistema de alimentación