aliteración

aliteración

(

s f [LIT]

Repetición, pretendida ou non, dos mesmos sons, a miúdo ao comezo de dúas ou máis palabras consecutivas ou situadas en curtos intervalos máis ou menos regulares. A aliteración como procedemento musical primitivo do que o poeta se serve para manter a atención do auditorio, aparece xa na literatura grega e, sobre todo, na latina. Na poesía xermánica e escandinava constitúe un dos elementos básicos da métrica, que herdan as linguas anglosaxonas. Tamén se atopa na prosa e nos aforismos.

Ex: Lagoas laiando na lama das leiras (Informe da gavilla, Vítor Vaqueiro).

Citas

  • Lagoas laiando na lama das leiras (Informe da gavilla, Vítor Vaqueiro).

Palabras veciñas

alistir | alita | Alitalia | aliteración | aliterar | alítico -ca | alitización