Allen, regra de

Allen, regra de
[BIOL]

Regra relativa ao efecto producido pola temperatura sobre as dimensións e o volume das extremidades (rabo, orellas, patas, etc) dos mamíferos. Establece que nas rexións máis frías do hábitat dunha especie mamífera, as partes do corpo susceptibles de xearse son máis pequenas que nos individuos da especie que viven en rexións máis cálidas.