alleo -a
alleo -a
(
-
adx
Que pertence a outra persoa, lugar ou cousa.
Ex: Este é un dato alleo ó informe que nós presentamos. Ti quedas co teu, non collas o alleo!
-
adx
Que resulta estraño, que non ten relación ou parte cunha persoa ou cousa.
Ex: As persoas alleas a esta asociación deben abandonar a sala de xuntanzas.
-
adx
Que non ten correspondencia.
Ex: O teu comportamento é completamente alleo a nós.
-
adx
Que non recibiu novas informacións ou que non ten interese por algo.
Ex: O presidente mantívose alleo ás críticas da oposición. Estaba alleo ó que acontecía no interior da sala.