Almagro, Diego de
Almagro, Diego de
o Mozo (Panamá 1520? - Cuzco 1542) Fillo do conquistador castelán Diego de Almagro. Mestizo, no 1541 preparou un complot contra Francisco Pizarro, compañeiro e responsable da morte do seu pai, que morreu asasinado durante unha estancia en Lima. Aclamado Gobernador de Chile (1541-1542), a chegada do visitador Vaca de Castro, nomeado gobernador lexítimo e en coalición cos pizarristas, determinou a derrota dos seguidores dos Almagro, chamados “chilenos”, na Batalla de Chupas. Morreu executado.