alófono

alófono

(

  1. s m [LING]

    Cada unha das variantes que se dan na pronuncia dun mesmo fonema, segundo a posición deste na palabra ou sílaba e o carácter dos fonemas veciños: por ex, o b oclusivo de botelo e o fricativo de rabada son alófonos do fonema /b/. É normal que cada fonema se manifeste con máis dun alófono e que as súas realizacións fonéticas flutúen entre unha distinción máxima, denominada alófono fundamental, e outras secundarias, chamadas alófonos accesorios e que poden determinar mesmo unha distinción nula ou neutralización con outro fonema do sistema. Os alófonos ou variantes clasifícanse en alófonos libres e alófonos combinatorios e a súa regularidade depende, alomenos, de determinacións tácticas, combinatorias e suprasegmentais. Este termo foi usado por vez primeira por Hockett e Bloch e outros lingüistas norteamericanos.

  2. adx [LIT]

    Termo empregado para facer referencia aos escritores que escriben nunha lingua distinta á propia. Entre os poetas alófonos en galego destacan: Anne Marie Morris, Carles Riba, José Leite de Vasconcelos, Juan Pérez Creus, Pablo García Baena, Víctor Luis Molinari e Federico García Lorca, autor dos Seis poemas galegos (1935).

Palabras veciñas

alofénico -ca | alofonía | alofónico -ca | alófono | aloftalmia | alogamia | alógrafo