Aloia

Aloia
[ONOM]

Este nome de muller de recente introdución, por vía literaria ou quizais relixiosa, alude como Chamorro, Montserrat ou Carmelo a un monte. Neste caso é o monte Aloia, do concello de Tui, que se ten identificado co monte Medulio, onde tivo lugar a derrota definitiva das tribos galaicas ante as lexións romanas, entre o 29 e o 19 a C. No seu cumio está a ermida de San Xulián que acolle, segundo conta a tradición, as reliquias do santo e onde aínda se celebra unha gran romaxe na súa honra.